Skip to main content

A Comisión Europea aprobou o investimento de 35 millóns de euros na liña ferroviaria Porto Vigo

A Comisión Europea aprobou o investimento de 35 millóns de euros na liña ferroviaria Porto Vigo

O Eixo Atlántico satisfeito cunha decisión que apoia as teses e argumentos mantidos pola entidade desde que en 2011, Comboios anunciase a desaparición da liña

A Comisión Europea aprobou hoxe un proxecto, por valor de 35 millóns de euros, de modernización da liña ferroviaria entre o O Porto e Vigo, en Galicia.

 

Este proxecto, que se inclúe na Rede Transeuropea de Transportes, está cofinanciado con orzamentos do Fondo de Cohesión con 35 millóns de euros dun total de 69 millóns, segundo adiantou Bruxelas.

"A nova conexión mellorará significativamente a accesibilidade e a mobilidade dos cidadáns na rexión Norte de Portugal", destacou a comisaria europea de Política Rexional, Corina Cretu. Para a Comisaria, este proxecto traerá "claros beneficios aos pasaxeiros en termos de redución de tempo de viaxe e de condicións de viaxe máis seguras".

 

Bruxelas destacou tamén que a melloría das conexións con Galicia "terá un impacto positivo na actividade económica e contribuirá para un transporte máis sustentable en Portugal e non só". O proxecto foi sometido á aprobación da Comisión Europea ao abrigo do programa Desenvolvo Territorial 2007-2013.